Perante a presente publicación, infórmase que foron realizadas estas actuacións de mantemento e mellora de camiños en Santo Estebo de Novoa e Abelenda das Penas.
Esta acción foi posible executala grazas á financiación recibida por AGADER, segundo os termos establecidos na RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco
de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E).
A continuación móstranse diversas fotografías dos avances das citadas obras.