O alcalde recibe no día de hoxe de HITRAF VALTRA, un tractor Valtra da Serie G 135, cos apeiros de rozadoira de brazo e rozadoira traseira de arrastre.
Nesta adquisición, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia aportan 100.000€ e o Concello de Carballeda de Avia 35.000€. A misión principal desta maquinaria será a limpeza de marxes das estradas e pistas locais, áreas recreativas, mantemento dos accesos ao monte e tarefas de prevención dos incendios forestais.