MENÚ
23/09/2024 Info

O COCIÑEIRO ANTÓN E A PASTELEIRA TOMASA : CHOCOLATE

LER CONTA MOITO

O Concello de Carballeda de Avia,a través da súa Biblioteca Municipal,participa no programa “Ler Conta Moito” co que se dinamiza a lectura a través de diversas actividades.

 

Este venres o CEIP Pena Corneira acolleu a obra “CHOCOLATE” da man do cociñeiro Antón e da pasteleira Tomasa da compañía Teatro Calavera.

 

Os cativos  e non tan cativos disfrutaron coas súas aloucadas aventuras.

Para rematar  elaborouse un postre saudable de froitas con chocolate , que foi do gusto de todos.

, , , , , ,