MENÚ
09/02/2024 Info

NOVA PROGRAMACIÓN DE MARTES DE ENTROIDO 2024

 

Debido a  adversa climatoloxía pronosticada para o vindeiro martes día 13, xunto que o  numero de asistentes o xantar programado imposibilita a sua celebración por parte do catering contratado, vémonos na obriga de modificar o programa previsto para ese día quedando este da seguinte maneira:

Suspendese o Xantar do Entroido, e o Desfile trasladase das 12:30 as 16:30 horas, se o tempo o permite xa que dan menos choiva por a tarde pero «nunca se sabe».

O desfile partirá dende a Biblioteca ata  rematar na alameda.

Despois «ainda quen non se celebre o desfile», a causa do mal tempo, haberá festa co DJ  Tibu na carpa pechada instalada a beira da Alameda con concurso de disfraces, xogos, chocolate quente e orellas de entroido.

Hai os mesmos premios e categorias que estaban  ata agora,  pero como novidade incluese tamen unha categoria mais para grupos pequenos de 4 a 9 membros.

Animadevos a disfrazarvos e participar.

 

 

Consulta aquí as bases e condicións:

Bases entroido 2024

, ,