MENÚ
07/05/2024 Info

LER SEMPRE É UN BO PLAN

Ler sempre é un bo plan, por eso,no marco da celebración do día do libro 2024 os nenos de Infantil do CEIP  Pena Corneira, visitaron a  Biblioteca.Disfrutaron dunha mañá na que eles  tomaron a palabra e  «leron» varios contos deixando voar a súa imaxinación…Dende aquí damos as grazas pola visita e polo compromiso que pouco a pouco adquiren coa lectura.

Para fomentar a lectura,fixoselles un recoñecemento os maiores lectores :

-Diana recolleu o seu libro » Bufiño & Brunilda » por ser a nena que mais leu este ano.

-Rosa  levou  o libro «El viento conoce mi nombre» como premio   a usuaria con máis préstamos.

Elas son un claro exemplo de que ler é o comenzo dunha viaxe sen fin.

Non importa o momento nin lugar.. LEAMOS!

 

 

 

 

, , , ,