O vindeiro venres 9 de maio teremos a cuarta edición do Roteiro polas Nosas Mulleres e xantar popular das participantes, este ano desenvolverémolo na parroquia de Vilar de Condes.
Haberá saída optativa (ás 10.30 am) dende Carballeda, pasando por Abelendas das Penas e Muimenta para chegar a VIlar de Condes; e volta en dirección Carballeda pasando por Muimenta e Abelenda das Penas, ás 17.30 horas.
O roteiro ten unha lonxitude de 7 km, por camiños e roteiros da área de Vilar de Condes, coñecendo tamén o núcleo urbano do mesmo.
Ao chegar haberá xantar popular para todas as participantes.
Custe da inscripción: 5 euros
Anotarse ata o xoves 8 de Maio no Concello.
** Agardamos que a climatoloxía acompañe, senón voltaremos a reubicar o día**