MENÚ
17/09/2024 Info

GALICIA SABE AMAR – 22/09/2024

GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que trata de animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

O principal obxectivo desta campaña baséase en dfiundir os beneficios nutricionais dos produtos do mar, amais de promover o consumo e venta de pescado e marisco de proximidade. Tamén se desexa amosar a calidade dos produtos galegos, pero tamén poñer en valor a labor dos profesionais do mar que contribúen ó subministro destes alimentos de primeiro nivel.

En cada parada no camiño, os visitantes poderán degustar algún dos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

No marco da campaña gastronómica, instalarase un foodtruck con degustacións gratuítas na Alameda, para que veciñas e veciños poidan achegarse e probar diferentes elaboracións, dende chocos con habas de Lourenzá a zamburiñas en escabeche, por exemplo. O foodtruck estará en horario de mañá (11:30 a 14:30 horas) e de tarde (17:00 a 20:00 horas).