MENÚ
13/12/2022 Info

Finalización de actuacións urbanísticas na aldea modelo de Muimenta

O Concello de Carballeda de Avia, en colaboración con AGADER, ao abeiro da RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MR711D), acaban de rematarse as seguintes obras en Muimenta por un importe superior aos 181.000€:

– pavimentación de vía pública (vial da estrada).

– rehabilitación e mellora de espazo público (praza).

– rehabilitación e mellora de edificio municipal (local social).

Estas actuacións forman parte do proxecto da aldea modelo que se está a desenvolver en Muimenta, de acordo cos instrumentos de recuperación da terra agraria postos en marcha nesta localización para a consecución dos obxectivos previstos na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

Os fondos percibidos, que supoñen o 80% do total para a execución das citadas actuacións, derívanse do «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural», contando coa participación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no cofinanciamento das actuacións subvencionadas.