O Concello de Carballeda de Avia, contando coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia e de Red Eléctrica de España, acaba de promover a finalización de novas actuacións arqueolóxicas e de posta en valor da vila romana «Coto dos Mouros», situada en Abelenda das Penas.
A colaboración coa Xunta de Galicia reside na RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503D), perante a que se percibiu unha axuda de 24.994,25 €.
Do mesmo xeito, o financiamento proporcionado por Redeia configurouse nun convenio de colaboración asinado no mes de marzo, polo que a citada entidade colaborou coa contía de 8.000 €.
A intervención arqueolóxica realizada, que foi supervisada polo arqueólogo D. Jorge Lamas Bértolo, tivo por obxectivo realizar unha limpeza das parcelas na que se atopan os restos das estruturas escavadas no ano 1950 por Xaquín Lorenzo e diferentes escavacións, así coma sinalización do xacemento, coa finalidade de avanzar na investigación e coñecemento da vila romana e integrar a mesma dentro do estudo máis amplo .