MENÚ
10/07/2025 Info

Finalización de actuacións de eficiencia enerxética no velorio-biblioteca

O Concello de Carballeda de Avia, en colaboración coa VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES, ao abeiro da ORDE do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486D), acaban de rematarse as obras no edificio que alberga o velorio e mais a biblioteca municipais, cun importe que se sitúa por riba dos 90.000 €.

Estas actuacións forman parte do obxectivo de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e afrontar os efectos do cambio climático require acadar unha transformación urxente nas actividades humanas e para isto resulta absolutamente imprescindible a implicación de toda a sociedade, tamén do sector institucional. Así se recolle na Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050, instrumento planificador do Goberno galego na loita fronte ao cambio climático e a transición enerxética, de cara ao horizonte temporal 2050, en que se establecen as grandes liñas de acción na loita contra o cambio climático desde unha perspectiva centrada en Galicia e para contribuír aos obxectivos establecidos a nivel global nesta materia.

Os fondos percibidos, que supoñen o 80% do total para a execución das citadas actuacións, derívanse do «programa Galicia Feder 2021-2027», destacando o compromiso da Unión Europea a través destas axudas financeiras.