MENÚ
11/12/2023 Info

Finalización da obra para a execución do proxecto «COCIÑA E COMEDOR COMUNITARIOS EN MUIMENTA»

O Concello de Carballeda de Avia, en colaboración con AGADER, ao abeiro da RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2023, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR711D), acaban de rematarse as citadas obras en Muimenta por un importe próximo aos 190.000 € de inversión en total.

Estas actuacións forman parte do proxecto da aldea modelo que se está a desenvolver en Muimenta, de acordo cos instrumentos de recuperación da terra agraria postos en marcha nesta localización para a consecución dos obxectivos previstos na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

Os fondos percibidos (dos cales 150.000 € proceden desta subvención concedida por AGADER) supoñen o 66% do total e derívanse do «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural», contando coa participación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no cofinanciamento das actuacións subvencionadas.