MENÚ
23/01/2024 Info

FESTA DE ENTROIDO

MARTES 13 DE FEBREIRO

 

Outro ano máis, dende o Concello de Carballeda de Avia mantemos o espíritu entroideiro, pero con novas!

Para promocionar un día de festa entroideira e que sexa unha festa para e polo pobo pensamos en facer unha comida popular de Entroido con cambios no desfile.

Ás 12.30 horas: Desfile de Entroido: dende a Biblioteca ata a Alameda.

Á 13.30 Comida de Entroido diante do Centro de Día. (Rúa Castelao)

 

XANTAR DE ENTROIDO (MARTES 13 DE FEBREIRO)

–  Xantar Adulto: Cocido completo, pan, bebidas e postres. (DISFRAZADO 15 EUROS/ NON DISFRAZADO 30 EUROS)

–  Xantar Infantil: Parrillada de Cerdo, pan, bebida e postres. (DE 5 A 12 ANOS:DISFRAZADO 5 EUROS/ NON DISFRAZADO 15 EUROS)

(DE O A 5 ANOS GRATUITO, PERO RECOLLE O TICKET  ANTES DO DÍA 9 DE FEBREIRO)

PODES MERCAR O TEU TICKET ANTES DO DÍA VENRES 9 DE FEBREIRO NO CONCELLO EN HORARIO DE 9 A 14.30H (OBRIGATORIO PRESENTALO O DÍA DA COMIDA)

Á TARDE HABERÁ FESTA PARA TODOS CON DJ TIBU, BAILE, CONCURSO DE DISFRACES, E CHOCOLATE E ORELLAS

 

DESFILE DO ENTROIDO

– Inscripción no Concello para os participantes antes do Venres 9 de Febreiro. (Premio para á mellor comparsa; premios individual e parella de adultos e infantil. )

– Saída ás 12.30 dende a Biblioteca (preciso estar ás 12 na Biblioteca para as comparsas)

– Premios (Para optar aos premios é obrigatorio estar inscrito e participar no desfile)

                              Comparsa (10MINIMO): 300€

                              Parella adult@: 100€

                              Individual adult@: 50€

                              Parella infantil: cheque regalo (100€)

                              Individual infantil: cheque regalo (50€)

             – A ENTREGA DOS PREMIOS AO LONGO DA TARDE.

 

Podes consultar toda a info das Bases premendo no seguinte enlace:

http://carballedadeavia.com/wp-content/uploads/2024/01/bases-entroido-2024.pdf

 

Se precisas máis info chama ao 988487000.

CARTEL ENTROIDO