O Concello de Carballeda de Avia, en colaboración con AGADER, ao abeiro da RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2024, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR711D), esta en execución das obras cuxa contía ascende a 174.964,84 €, de eles 150.000,00 € proceden da citada subvención e supoñen o 86% da inversión total, e derivanse do «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural», contando coa participación do mInisterio de Agricultura, Pesca, e Alimentación no cofinanciamento das actuacións subvencionadas.
Estas actuacións forman parte do proxecto da ALDEA MODELO que se esta a desenvolver en MUIMENTA, de acordo cos instrumnetos de recuperación da terra agraria postos en marcha nesta localización para a consecución dos obxetivos previstos na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.