O Concello de Carballeda de Avia ven de asinar nas últimas datas un convenio de colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) para os vindeiros anos 2022 e 2023, perante o que se reflicte que o Concello será beneficiario por un montante total de 235.000 € para realizar investimentos para o desenvolvemente do plan de dinamización da aldea modelo de Muimenta, distribuidos do seguinte xeito:
– 2022: 75.000 €
– 2023: 160.000 €
As actuacións a realizar dentro do plan de dinamización incluirán tanto aquelas actuacións a desenvolver dentro do perímetro do núcleo como aquelas outras que, atopándose fóra do dito perímetro, repercutan de xeito directo sobre a dinamización do núcleo rural da aldea.