MENÚ
11/12/2025 Info

CAMPAMENTO DE NADAL 2025/2026

Outro ano máis dende o Concello de Carballeda de Avia organízase unha nova edición do Campamento de Nadal, como medida de conciliación para as familias  dos nenos e nenas alumnos do CEIP Pena Corneira, empadroados e empadroadas do concello, e con vinculación familia do mesmo.

O campamento realizaráse os días lectivos do período de Nadal no propio CEIP Pena Corneira, comprendidos os días 22,23,24,26,29,30 e 31 de Decembro e os días 2,5 e 7 de Xaneiro en horario de:

  • Concilia Madrugadores de 8 a 10.00am
  • Campamento de Nadal de 10.00 a 15.00 horas

Requisitos:

Nenos e nenas de idades entre 3 e 14 anos

  • Alumnos e alumnas do CEIP Pena Corneira
  • Empadroados e empadroadas do Concello de Carballeda de Avia ou con vinculación familiar.

O custe da asistencia a ambos programas é completamente GRATUITO, agás as dúas actividades fóra das instalacións previstas, sendo estas:

  • Acudir a pista de xeo (por determinar data e custo)
  • o 30 de decembro asistencia a Pazolandia en horario de 11h a 14h (4 euros)

** Permítese a asistencia únicamente a calquera destas actividades previa inscrición, fóra da asistencia do propio Campamento de Nadal

Inscricións

A entrega das inscriciós da asistencia ao Campamento de Nadal será como moi tarde ata o venres 19 de Decembro no concello ou remindo a inscrción firmada ao correo [email protected].

A incrición para asistencia a PAZOLANDIA será ata o venres 26 de decembro.

Podes descargar a inscrición no seguinte enlace:

INSCRIPCIÓN CAMPAMENTO DE NADAL 2025 2026

Para calquera máis información chama ao 988487000.