MENÚ

CAMPAMENTO DE NADAL 2023

Nova edición do Campamento de Nadal de Carballeda de Avia 2023.

cartel campamentoINSCRIPCIONES NADAL

Outro ano máis, concienciados da necesidade de Conciliación,  das familias  empadroadas en Carballeda de Avia ou usuarias do CEIP Pena Corneira con nenos entre 3 e 14 anos, promóvese o Campamento de Nadal 2023, con novas actividades, excursións e diversión!

Campamento de Nadal: o 22,26,27,28,29, de Decembro e 2,3,4 e de Xaneiro en horario de: 8 a 10 (Concilia Madrugadores) e de 9.30 a 14.30 horas realización de actividades. O coste do campamento (incluídas as excursións do 27 de decembro e o 3 de xaneiro) son de 20 euros por neno/a.

Senón estás interesado en vir o campamento podes disfrutar igualmente das excursións propostas.

Excursión a Ourense: o mércores 27 de Decembro,  Belén de Baltar e asistencia a Teatro «O Circo de Nadal» (suxeito a dispoñibilidade): (10 Euros)

Excursión a Pazolandia: o mércores 3 de Xaneiro (4 Euros)

Se queres asistir sólo as dúas excursións o prezo por neno/a son de 15 Euros.

  • Os prezos reflexados son referidos as entradas das actividades propostas.

 

É imprescindible que entreguedes as autorizacións e pagos (pódelas descargar no enlace de abaixo) antes do 15 de Decembro no Concello, excepto se solo se vai asistir a Pazolandia que podedes anotarvos ata o Venres 29 de Decembro.

 

Podes acceder as inscripcións e formularios no enlace de abaixo e remitilas firmadas por correo a: [email protected].

Se precisas máis info podes chamar ao 988487000

INSCRIPCIONES NADAL