MENÚ
18/07/2023 Info

BONOS DIXITAIS PARA A CONECTIVIDADE DE COLECTIVOS VULNERABLES (bono social)

No DOG de hoxe publícase esta liña de axudas a particulares, que conta coas seguintes características:

  • NON COMPETITIVA
  • DOTACIÓN ORZAMENTARIA: 1.343.280€:
    – 2023: 559.700€
    – 2024: 783.580€
  • IMPORTE SUBVENCIONABLE:
    Contratación do servizo de conexión a banda larga ou incremento da velocidade dos xa contratados tendo dereito a unha minoración mensual de ata 20 € na factura ata 12 meses, acadando máximo os 240 €.
    O servizo de conexión terá asociada unha velocidade de transferencia de datos de, como mínimo, 30 MB.
  • BENEFICIARIOS:
    1. persoas que xa sexan beneficiarias da Risga ou do IMV
    2. calquera outra persoa física maior de idade con ausencia ou déficit grave de recursos económicos ou que se encontre en situación ou risco de exclusión social. No caso da exclusión social, verificarase a concorrencia adicional dalgún dos factores de exclusión establecidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
    3. Considerarase ausencia ou déficit grave de recursos económicos cando na unidade familiar o nivel de renda sexa igual ou inferior a:
    a) 1,25 veces o IPREM, se non existe unidade familiar ou non hai menores nela.
    b) 1,75 veces o IPREM, se hai menores na unidade familiar.

+ info:

  • AMTEGA – Área de Sociedade Dixital: 981 546 157
  • Concello de Carballeda de Avia: 988 487 000

No seguinte enlace podense atopar as bases reguladoras: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230704/AnuncioG0656-220623-0001_gl.pdf