MENÚ
12/01/2023 Info

BANDO TDT

BANDO

D. Luis Milia Méndez, Alcalde-Presidente do Concello de Carballeda de Avia (Ourense),

FAI SABER:

Que tralo inicio do servizo de telefonía móbil de nova xeración (4X e 5X) poden producirse afectacións na recepción de televisión dixital terrestre (TDT).

Para solucionar estas afectacións, a entidade LLEGA700 leva a cabo diversas actuacións técnicas de carácter gratuíto para a cidadanía afectada.

O vindeiro día 31/01/2023 finalizará o prazo para solicitar estas actuacións gratuítas polas posibles afectacións ocasionadas.

Para resolver estas incidencias, terán que comunicarse ao teléfono de atención ao usuario (gratuíto): 900 833 999.