D. Luis Milia Méndez, Alcalde-Presidente do Concello de Carballeda de Avia (Ourense),
FAI SABER:
Que a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos realizará a xestión da biomasa e a retirada de piñeiros, acacias e eucaliptos nos 6 metros a cada lado da vía.
Dacordo co disposto no artigo 12 da Lei 3/2.007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, o 11 de novembro de 2.021 declarouse o perímetro de alto risco de incendios (PARI) Vías de Titularidade Municipal no concello de Carballeda de Avia.
Para calquera dúbida poden solicitar información no teléfono 988 487 000.
Consulta do bando orixinal: 20230313_Publicación_Bando_BANDO RETIRADA DE ÁRBORES SEAGA