MENÚ
08/09/2025 Info

BANDO INFORMATIVO – axudas para a reparación dos danos causados polos incendios forestais

BANDO INFORMATIVO

 

O Concello de Carballeda de Avia (Ourense),

 

FAI SABER:

 

Que foron publicadas axudas a nivel autonómico e estatal para a reparación dos danos causados polos incendios forestais.

Para tramitalas, o Concello de Carballeda de Avia pon a disposición da veciñanza os medios para solicitalas nas súas dependencias.

 

Estas axudas compréndense nas seguintes liñas:

  • Titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecores). Solicitude: ata o 30/09/2025.
  • Titulares de infraestruturas de uso público do medio natural dentro da Rede galega de espazos protexidos e reservas da biosfera. Solicitude: ata o 30/09/2025.
  • Danos persoais. Solicitude: ata o 31/12/2026.
  • Explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras. Solicitude: ata o 01/10/2025.
  • Explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras. Solicitude: ata o 01/10/2025.
  • Establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís. Solicitude: ata o 30/09/2025.
  • Vivendas e no seu enxoval doméstico. Solicitude: ata o 28/11/2025.

 

Do mesmo xeito, a Xunta de Galicia habilitou unha oficina en Ribadavia para atender ás persoas afectadas polos incendios, situada na Oficina Agraria Comarcal (Avda. de Redondela Nº 3, teléfono 988788281).

 

Carballeda de Avia,

 

O Alcalde-Presidente en funcións

Jesús Alonso Meiriño