MENÚ
14/01/2026 Info

Axudas de rehabilitación de vivendas no rural (VI435E)

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), publica no DOG de onte as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de rehabilitación de vivendas no rural.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Dende o 21/01/2026 ao 01/09/2026.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

Execución de obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación de vivendas así como as actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas para destinalos a vivenda.

Contía máxima: 75% do orzamento (límite máximo de 30.000€ por vivenda).

REQUISITOS:

  • Só caberá presentar unha solicitude por persoa e ben. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.
  • A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións.
  • Todas as actuacións deberán contar coa comunicación previa ou licenza municipal, sen prexuízo dos informes ou autorizacións que sexan precisos.

+ INFORMACIÓN:

BR – DOG 13.01.2026