MENÚ
30/03/2023 Info

AXUDAS Á REESTRUTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA EN GALICIA

No DOG do día 27/03/2023 publícanse as bases reguladoras destas axudas, que contan coas seguintes características:

  • Presentación de solicitudes: dende o 28/03/2023 ao 27/04/2023.
  • Beneficiarios/as: persoas viticultoras e futuras viticultoras cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación.
  • Requisitos:
    • A superficie total reestruturada e/ou reconvertida será, polo menos, dunha hectárea (10.000 m2) para as solicitudes colectivas e 0,2 ha (2.000 m2) para as individuais.
    • A parcela de viña, unha vez reestruturada ou reconvertida, será polo menos de 0,01 ha (100 m2).
    • A superficie máxima elixible será de 20 hectáreas por persoa viticultora e convocatoria.
  • + información:
    • Consellería de Medio Rural: 981 541 632.
    • https://sede.xunta.gal -> procedemento MR446A