MENÚ
27/04/2023 Info

Andaina Muiños de Carballeda de Avia – Pena Corneira

O vindeiro domingo 30 de abril, Senderismo Galego Eventos organiza unha andaina que percorrerá a ruta que transcorre dende os muiños de Carballeda de Avia ata Pena Corneira.

Asistencia gratuita para soci@s. Faite soci@ por unha cuota anual de 15€.

Para facerte soci@ chamanos, escribenos por WhatsApp ou por e-mail:
Móbil – 600 672 210
WhatsApp – 655 962 173

O formulario para inscribirse pódese atopar no seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf4IJwC2UHp85IQfemP4IVqegywhfjPx8umTyx7iBSJWUIKJw/viewform

A camiñada vai percorrer unha ruta circular (comezo e remate no mesmo punto), discorrendo por bosques autóctonos e subindo finamente a Pena Corneira, unha espectacular roca en forma de corno de 10 metros de alto.

É aconsellable levar roupa axeitada para o camiño, como botas e cazadora acorde ao tempo, así como bebida e algo para picar (plátano, froitos non salgados, dátiles, etc.).

Rematarase a andaina antes da hora do xantar.

A organización crea un grupo especifico de WhatsApp para esta saída onde se concretarán todos os puntos deste evento.

Datos da ruta:

HORA COMEZO – 09:15
DISTANCIA – 17,5 km
PERCORRIDO – Circular
DUREZA – Media
DURACIÓN – 4,5 horas
DESNIVEL ACUMULADO – 600 metros positivos

+ información: