MENÚ

Adhesión do Concello de Carballeda de Avia á «Estrategia de Promoción de la Salud y Prevención en el Sistema Nacional de Salud»

O pasado 15 de Marzo, aprobouse por Pleno deste Concello á adhesión do Concello de Carballeda de Avia, á estratexia de Promoción de la Salud y Prevencón en el Sistema Nacional de Salud.

O obxectivo desta adhesión é promocionar a saúde de todos os veciños e veciñas do Concello, ademais de previr enfermidades, orientandose cara a instauración de activdades que busquen a mellora da calidade de vida, e retrasar todo o posible a dependencia, fomentando unha vida activa e saudable.

Deste xeito, búscase prevenir enfermidades, lesións, discapacidades, fomentando a activdade física, unha boa alimetnación e unha mellora do benestar psicolóxico dos nosos veciños e veciñas, a través de diversas actuacións como:

  • Campañas de información sobre estilos de vida saudable.
  • Seminarios e obradoiros de información para fomentar vidas saudables e activas.
  • Accións encamiñadas á poboación infantil, no embarazo e na poboación adulta.
  • Realización de plans de seguimiento individualizado para os maiores de 70 anos, na procura dunha prevención da fraxilidade e o fomento da promoción da autonomía.
  • Activdades encamiñadas a fomentar un estilo de vida activo a través da ximnasia, fomento das relación sociais e obradoiros de memoria.