O Concello de Carballeda de Avia (Ourense), en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), a Deputación Provincial de Ourense, a Xunta de Galicia e a Secretaría Xeral para o Reto Demográfico, vai desenvolver unhas xornadas durante os días 28 e 29 de outubro no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Durante dous días reunirán a representantes institucionais, alcaldes, expertos, investigadores e emprendedores para compartir experiencias de éxito no medio rural e debater sobre os temas clave para que os concellos rurais se convirtan no mellor lugar para vivir e traballar.
O programa inclúe mesas de debate, casos inspiradores de España, Portugal e Italia, visitas a experiencias reais en Penedo e Muimenta, e espazos de networking.
Ademáis, expoñeranse experiencias inspiradoras de concellos rurais españois, entre as que se seleccionará o Premio ao Municipio Rural Innovador.
De maneira complementaria, o día 30 terá lugar no salón de plenos do Concello de Carballeda de Avia, a primeira reunión da FEMP fora da súa sede central. Esta reunión, que serve como recoñecemento aos concellos menores de 10.000 habitantes de España, contará como puntos principais a aprobación das conclusións das citadas xornadas e a aprobación dunha guía común para os concellos que desexen desenvolver iniciativas para combater o despoboamento.
Pódese consultar aquí o programa.