MENÚ
18/05/2026 Info

SUBVENCIÓN PARA INSTALACIÓN FV LODAIRO CARBALLEDA AVIA

O Concello de Carballeda de Avia, en colaboración co INEGA, ao abeiro da Resolución do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027 (DOG núm. 12 do 20/01/2026) (código de procedemento IN421S), resultou beneficiario dunha axuda para a execución do proxecto denominado «FV LODAIRO CARBALLEDA AVIA», pola contía de 28.713,31 €, ascendendo o importe do citado proxecto a un total de 47.855,51 €.

Con esta actuación procederase a instalar sistemas complementarios á rede eléctrica convencional que ata o momento aportaba o subministro de enerxía a diversas zonas de Muimenta, conlevando unha redución importante do consumo eléctrico.

Do mesmo xeito, estas aplicacións renovables conseguirán unha redución de emisións e una redución na facturación enerxética do propio Concello e da veciñanza destes emprazamentos.

A continuación pódense visualizar fotografías da ubicación do proxecto: