🎭 Desfile de Entroido 2026 – Carballeda de Avia
O Concello de Carballeda de Avia convida a veciñanza a gozar do Desfile de Entroido, que terá lugar o luns 17 de febreiro a partir das 16:30 horas.
O desfile sairá da Biblioteca Municipal e percorrerá as rúas ata a Alameda, onde continuará a festa cun animado baile con música para todos os públicos.
🎉 Axudas á participación
Co obxectivo de fomentar a participación, establécense as seguintes axudas económicas para os grupos e comparsas participantes no desfile:
-
5 € por participante, cun máximo de 150 € por agrupación
-
100 € adicionais se levan carroza
-
50 € adicionais se levan música
Ademais:
-
250 € para cada comparsa ou agrupación
-
150 € para os grupos ou pequenas comparsas
👉 Agrupacións ou Comparsas: mínimo de 10 persoas, sen límite máximo de compoñentes
👉 Grupos ou pequenas comparsas: formados por un mínimo de 3 persoas e un máximo de 9
Data límite para anotarse o desfile: 13 de Febreiro
👗 Concurso de disfraces
Durante o baile posterior ao desfile celebrarase o Concurso de Disfraces, nas modalidades individual e por parellas, tanto en categoría infantil como adulta.
Premios:
-
🥇 Parella adulta: 100 €
-
🥈 Individual adulto: 50 €
-
🎁 Infantil ( parella e individual): cheques regalo valorados en 50 € (Inscripcións a ta o mesmo día)
☕🍩 Para rematar…
Como xa é tradición, haberá chocolate quente e orellas de Entroido para todas as persoas asistentes.
🎶🎭 Non faltes e vive o Entroido en Carballeda de Avia!
———– Consulta aquí as BASES:
