MENÚ
29/04/2025 Info

PROGRAMA DE AXUDA ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS – VI406E

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), publica no DOG o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas, coa finalidade de financiar actuacións ou obras de mellora da eficiencia enerxética nas vivendas.

As principais características desta liña de axudas son as seguintes:

NON COMPETITIVA (ASIGNAN AXUDAS POR ORDE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES)
DOTACIÓN ORZAMENTARIA: 2´2 M €:
– 2025: 1.548.339 €
– 2026: 650.000 €

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 08/05/2025 – 08/07/2025

actuacións que se realicen en vivendas que constitúan o domicilio habitual
mellora de eficiencia enerxética -> cambio de fiestras, mellora do illamiento ou substitución de caldeira

REQUISITOS:
– Conseguir unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración superior ao 7 %
ou
– conseguir unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable superior ao 30 %
ou
– actuacións de modificación ou  substitución de elementos construtivos da envolvente térmica para adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos nas táboas 3.1.1.a–HE1 e 3.1.3.a–HE1, do Documento básico DB HE de aforro de enerxía do Código técnico da edificación

ESTAS ACTUACIÓNS DEBEN TER UN CUSTE SUPERIOR A 1.000 € POR VIVENDA

IMPORTE SUBVENCIONABLE: 40 % DO CUSTE DA ACTUACIÓN (LÍMITE DE 3.000 €)

PRAZO DE EXECUCIÓN: 12 MESES DENDE A RESOLUCIÓN DE CONCESIÓN (máximo 30/06/2026)

SOAMENTE SE CONCEDE 1 AXUDA POR REFERENCIA CATASTRAL

+ información: Instituto Galego de Vivenda e Solo

– Teléfono: 881 045 897

Email: [email protected]

– Sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=VI406E (procedemento código VI406E).

Bases reguladoras: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250429/AnuncioC3Q2-150425-0001_gl.html