O Concello de Carballeda de Avia foi beneficiario de unha subvención de 30.559,00 € procedentes da convocatoria de subvencións para financiar proxectos promovidos polas entidades locais para a innovación territorial e a reactivación da actividade socioeconómica e a loita contra o despoboamento, durante o ano 2022.
As actividades desenvolvidas centráronse na conservación do espazo natural protexido Monumento Natural Pena Corneira, que se viu moi afectado tras os incendios de 2017. Realizaron labores de roza, poda de árbores en camiños e estradas, rehabilitación de pasos de seguridade viaria e reparación de danos por erosión de camiños e estradas. Logrando ademáis:
- Proporcionar accesibilidade aos visitantes para gozar da nosa contorna forestal coas súas peculiares características xeomorfolóxicas.
- Reducir a carga de combustible en pistas e estradas, o que á súa vez permite aos veciños acceder ás súas propiedades para aproveitar a biomasa e contribuír a reducir o material combustible.
- Conservar o acceso a unha zona de muíños tradicionais de auga, un dos atractivos da zona en canto ao seu patrimonio histórico e etnográfico,
Esta subvención, cuxas bases se recollen na Orde TED/1358/2021, do 1 de decembro, (BOE no 290, do 4 de decembro de 2021), están destinadas ao cofinanciamento de proxectos promovidos polas entidades locais, para o financiamento de proxectos innovadores de transformación territorial, que dende unha dimensión económica, social, ambiental e de xénero promovan a reactivación social e económica de zonas con problemas de despoboamento e revalorizar o espazo rural.
Esta subvención foi concedida polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO).