O Concello de Carballeda de Avia prevé a apertura do novo servizo para os maiores da Vivenda Comunitaria «Os Muiños».
A apertura da Vivenda Comunitaria Os Muiños alberga unha capacidade para 12 persoas maiores, fomentando así unha convivencia familiar e unha atención persoal e de calidade.
Dende este servizo buscamos a mellora da calidade de vida das persoas maiores, fomentando o entorno familiar e acolledor adaptado aos gustos e caracterísitcas persoais.
Que ofrece a Vivenda Comunitaria?
Ofrecemos diversos servicios e atencións, como cociña caseira, servizo de biblioteca, actividades varias, amplas instalacións e habitacións; ademais de outros servizos como podeloxía, fisioterapia, lavandería, perruquería…
Habitacións
Contamos con 4 habitacións individuais e 4 habitacións dobres.
Prezos
Réxime de aloxamento en habitación individual: 900 euros
Réxime de aloxamento en habitación dobre: 800 euros
Poboación destinataria
As vivendas comunitarias, pola tipoloxía de servizo, son as axeitadas para todas aquelas persoas maiores con autonomía ou un Grado de Dependencia I.
Xestión
A vivenda comunitaria é de carácter municipal, xestionada directamente con persoal propio do Concello de Carballeda de Avia.
Se estás interesado, se precisas máis información ou queres vir coñecernos chama ao 988487000.