MENÚ
23/05/2024 Info

Bando Xestión Biomasa

RECORDATORIO DAS OBRIGAS DE XESTIÓN DE BIOMASA

O Concello de Carballeda de Avia informa:

Que a Lei 3/2007 de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais de Galicia, e a Lei 7/2012 de Montes de Galicia establecen as obrigas das persoas físicas e xurídicas responsables das parcelas incluídas nas faixas secundarias de xestión de biomasa, con motivo da protección de núcleos habitados, e deberán cumprir coas obrigas de xestión do combustible vexetal (tala e roza), antes do 31 de Maio de cada ano, xestionando a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais ubicadas a menos de 400 metros do monte. Polo tanto, nos primeiros 50 metros non poderá haber maleza, piñeiros, eucaliptos, acacias ou matogueira. Nas vivendas illadas ou urbanizacións, as medicións realizaranse dende o límite da edificación.

O incumprimento das obrigas poderá levar a imposición de multas coercitivas reiterables cada tres meses, en contía de 900 euros por hectárea, cun mínimo de 100 euros, ata a correcta execución dos traballos de xestión e, en calquera momento, o Concello poderá decretar a execución subsidiario dos traballos repercutindo o custo dos mesmos á persoa obrigada.

Asemade os danos que se poidan ocasionar nos bens ou propiedades lindeiras, no caso de verse afectadas por incendios forestais, será responsabilidade das persoas obrigadas a xestionar a biomasa.