Bo día,
O DOG do día 22/01/2024 publica as bases destas axudas destinadas a traballadores/as autónomos/as.
NON COMPETITIVA
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Dende o 29/01/2024 ao 30/09/2024.
DOTACIÓN ORZAMENTARIA: 8M € (PARA OURENSE CORRESPONDE O 11%)
A contía límite da axuda será ata un máximo de 7.000 euros.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
• Compra de maquinaria.
• Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
• Inversións para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
• Compra de enxoval e ferramentas.
• Reforma do local ou espazo do negocio.
• Equipamento informático.
• Equipamento de oficina e/ou negocio.
• Rótulos.
• Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes sociais.
• Deseño de marca.
REQUISITOS:
- antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos computados desde a data da solicitude.
- rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual do 2022, inferior a 50.000 €.
- facturación mínima anual de 12.000 €, IVE incluído, na declaración do ano 2022.
+ información: Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Ourense – Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social de Ourense
Teléfono: 988 386 822
Email: em***********************@xu***.gal
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341Q