MENÚ
29/01/2024 Info

Axudas a persoas emigrantes galegas retornadas – PR905A

O DOG de hoxe publica as bases destas axudas destinadas ás comunidades de augas.

RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA (por orde de solicitude).

DOTACIÓN ORZAMENTARIA: 2M €.

A contía límite da axuda extraordinaria concedida será ata un máximo de 6.000 euros (ver art. 5 das bases reguladoras).

PERSOAS BENEFICIARIAS: Persoas emigrantes galegas retornadas que carezan dos recursos suficientes para facer fronte a gastos derivados do retorno a Galicia:

  • As persoas galegas e nacidas en Galicia.
  • Cónxuxes das persoas galegas e nacidas en Galicia.
  • Descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

REQUISITOS:

  • Estar en posesión da nacionalidade española antes de retornar.
  • Estar empadroado/a e ter residencia nun concello de Galicia.
  • Ter residido no estranxeiro un mínimo de 2 anos inmediatamente anteriores á data do retorno a España.
  • Que a data do retorno a España sexa a partir do 01/01/2022, incluído.
  • Carecer de recursos económicos suficientes na unidade familiar.
  • Carecer de patrimonio mobiliario suficiente na unidade familiar.