MENÚ
22/06/2023 Info

Festival Itinerante «Cinema circulante» – 09/07/2023 en Carballeda de Avia

O vindeiro 01/07/2023 comeza «Cinema Circulante», un festival itinerante de cinema que se vai desenvolver en concellos do rural. O programa, financiado a través da convocatoria de Territorio Cultura da Xunta de Galicia, chegará a Carballeda de Avia o día 09/07/2023.

Contará coa celebración de obradoiros, música, proxeccións de curtametraxes e coloquios nunha única xornada:

  • SEMENTANDO CINEASTAS (17:30 no salón multiusos da Casa do Concello): obradoiro de creación cinematográfica para público infantil no que a cineasta Noemi Chantada introducirá á rapazada no medio audiovisual. A actividade contará con 10 prazas por concello para nenos e nenas de 8 a 12 anos (aínda que a organización terá en consideración outras idades se non se completan as prazas). A inscrición pode a través do correo electrónico ci**************@no**************.com.
  • CINEMA MEMORIA (18:30 na vivenda comunitaria): proxección e coloquio adicados ás nosas persoas maiores mediante curtametraxes. As proxectadas serán:
    • «O carro e o home» (Antonio Fernández Román, 1945).
    • «As vacas de Wisconsin» (Sara Traba, 2016).
    • «Matria» (Álvaro Gago, 2017).
  • SERÁN MUSICAL (21:00 na esplanada da Casa do Concello). Contará coa actuación ao vivo do grupo de música popular «Gure Terra», que vai desenvolver un espazo musical que xira en torno ao imaxinario popular e á tradición.
  • CINEMA NA RÚA (22:30 na esplanada da Casa do Concello): proxección de curtametraxes galegas ao aire libre. Os filmes que conformán esta sesión serán:
    • «Xoves de comadres» (Noemi Chantada, 2020).
    • «Así vendrá la noche» (Ángel Santos, 2021).
    • «Rompente» (Eloy Domínguez Serén, 2022).
    • «Einstein-Rosen» (Olga Osorio, 2017).
  • BAIXO AS ESTRELAS (00:00 na esplanada da Casa do Concello): coloquio posterior ás proxeccións no que o público poderá falar da proxección coa cineasta Noemi Chantada.

O percorrido desta primeira edición de Cinema Circulante atravesará as provincias de Lugo e Ourense dende o 1 ata o 10 de xullo, comezando por Trabada (1 de xullo), Cervantes (2 de xullo), Quiroga (3 de xullo), Rubiá (4 de xullo), A Fonsagrada (5 de xullo), Monterrei (6 de xullo), Calvos de Randín (7 de xullo), Maside (8 de xullo) Carballeda de Avia (9 de xullo) e rematando en Beariz o 10 de xullo. Máis información sobre as actividades e horarios en cada concello dispoñible en www.cinemacirculante.com ou nas canles oficiais das distintas redes sociais do proxecto (Facebook, Instagram, Twitter e Telegram).