No DOG de hoxe, día 5 de xaneiro de 2023, publícase o seguinte contido relacionado coa aldea modelo de Muimenta:
1. Aprobar as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas á aldea modelo de Muimenta.
2. Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, a presentación e selección de propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas á aldea modelo de Muimenta.
Pódese atopar a citada resolución premendo no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230105/AnuncioO90-211222-0001_gl.pdf
Para máis información, pódese consultar a sede electrónica da Xunta de Galicia, perante o código de procedemento MR711C: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR711C, así como contactar con AGADER no teléfono 881997193.
O prazo de presentación de propostas abrangue dende o día 06/01/2023, até o vindeiro día 20/01/2023, ambos incluídos.