O pasado día 31/12/2022 foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense o resto de bases reguladoras do proceso especial de estabilización do emprego temporal de longa duración, incluídas na oferta de emprego público 2022 do Concello de Carballeda de Avia.
As prazas relacionadas neste derradeiro anuncio únense ás anteriormente publicadas, sendo o total de prazas convocadas o seguinte:
- 2 Administrativos/as: concurso.
- 1 Operario/a condutor/a: concurso.
- 1 Operario/a palista: concurso.
- 1 Psicólogo/a: concurso.
- 1 Traballador/a social (xornada completa): concurso.
- 1 Traballador/a social (xornada parcial): concurso-oposición.
- 10 Auxiliar de axuda no fogar: concurso.
- 1 Limpador/a (xornada completa): concurso.
- 1 Limpador/a (xornada parcial): concurso.
Pódense atopar todas as bases na sede electrónica do Concello, premendo no seguinte enlace: https://carballedadeavia.sedelectronica.es/board