MENÚ
09/10/2023 Info

PROGRAMA EMPODÉRATE: FÓRMATE NO RURAL

Programa dirixido a promoción da igualdade de mulleres e homes, con actuacións positivas dirixidas ás mulleres do Concello de Carballeda de Avia.

Todas estas actividades enmarcadas neste prorgrama están Cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e pola Secretaría Xeral de Igualdade.

Neste programa perseguemos os seguintes obxectivos:

  • Mellora da calidade de vida das participantes como obxectivo xeral.
  • Mellora do autocoñecemento, da identidade individual e de grupo, e da xestión e autorregulación emocional.
  • Mellora das capacidades físicas, que de xeito indirecto inciden nunha mellora do estado psíquico e emocional.
  • Dotar de novas aptitudes e habilidades para unha mellora na incorporación ao mercado laboral.
  • Ofrecer diversos obradoiros e cursos de formación que favoreza a creación e fortalecemento das redes socias das participantes.
  • Ofertar novas ferramentas formativas, creativas e de ocio que favorezan a mellora do seu autocoidado.
  • A realización de todos estes obradoiros da os pasos necesarios para o EMPODERAMENTO das mulleres, axudando por ende, a romper barreiras invisibles.

Como actividades podemos encontrar: Calceta e Ganchillo, Pintura,  Taller Inclusivo Musical, Horticultura Ecolóxica, Ximnasia e Mantemento, Baile Latino.

Os resultados da implantación deste programa son os esperados,  por unha banda pola alta porcentaxe de participacion en todas elas, e por outra banda, polo logro de xerar as participantes de todas actividades conseguiuse a xeración dunha rede de apoio social e lazos afectivos nun espazo de seguridade para todas elas. Cartel Promoción