MENÚ

CIM - CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES

Que é o CIM?

O Centro de Información a Muller (CIM), é un recurso gratuíto dende o que se articula unha intervención global, dirixida ás mulleres, proporcionando asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e socio-laboral, como calquera outra información encamiñada a igualdade efectiva entre mulleres e homes. Atenderá a tódalas mulleres que o demanden, de xeito individual ou colectiva, como calquera home ou muller, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero.

É un servizo completamente gratuito e confidencial.

VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

Tratase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mero feito de selo. Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza. A través do CIM o Concello presta durante todo o ano servizos de atención e asesoramento específicos, dirixidos as mulleres en xeral, e en específico as vítimas de violencia de xénero.

A través do CIM ofrecemos

Información dos recursos

Información dos recursos existentes a través da xestión cos distintos axentes implicados: policiais, sanitarios, psicolóxicos, educativos, xudiciais e sociais, así como demais entidades implicadas na atención e protección das mulleres vítimas de violencia de xénero.

Obradoiros e xornadas

Obradoiros e xornadas tanto, formativas como informativas, que contribúen a mellora das habilidades persoais e sociais para combater estas situacións de risco.

Áreas e Programas.

A continuación deixamos información sobre as áreas e programas desenvolvidas polo CIM do concello de Carballeda de Avia.

AREA PSICOLÓXICA

Asistencia e apoio psicolóxico como malestar emocional, ansiedade, depresión, baixa autoestima. Apoio e asesoramento en caso de malos tratos, apoio para contribuír o empoderamento da muller do noso rural, colaboración con Servizos Sociais para incidir nunha intervención multidisciplinar de cara a axudar a solventar problemáticas. 

Horario de Atención Psicolóxica/ Psicoloxía:

De Luns a Venres de 9 a 15 horas.

ASESORAMENTO XURÍDICO

Incídense nas seguintes areas

  • Dereito de Familia: separación, divorcio, pensións alimentarias, custodia de menores…
  • Dereito sucesorio: asesoramento en herdanza e viuvez…
  • Dereito penal: denuncias, malos tratos, lesións, inxurias…
  • Ámbito laboral: orientación para búsqueda activa de emprego, contratación, condicións de traballo, despidos, discriminación e situacións que supoñan un atentado á dignidade da muller…, traballo autónomo (subvencións obrigas fiscais e Seguridade Social.
  • Tramites administrativos: acollemento familiar, xustiza gratuíta, solicitude de prestacións, recursos administrativos…

 

Horario de Asesoramento Xurídico:

Xoves e Venres de 9 a 14 horas

¿QUEN PODE ACUDIR?

Todas aquelas mulleres e homes que necesiten axuda ou intervención nas áreas nas que traballamos.

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN

Dende o CIM xestionamos e levamos a cabo actuacións dirixidas ao fomento da Conciliación Familiar, Social e Laboral a través da execución do:

  • Programa de Concilia Interxeracional (durante o curso escolar), dirixido a todas familias con nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
  • Programa de Conciliación no Verán (Summertime), tamén a todas as familias con nenos e nenas de entre os 3 e 12 anos.

PROGRAMA DE DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE

  1. Obradoiros e cursos encamiñados a formación e a aprendizaxe de habilidades que capaciten as nosas mulleres para un empoderamento persoal e laboral, que contribúa a detección e acción ante situacións de risco para elas. Todas elas enmarcadas no Programa “Empodérate: Fórmate no Rural
  1. Programa “Quéreme ben”, coloquios, actividades didácticas, e campañas de sensibilización dirixidas a informar e sensibilizar sobre a igualdade e a violencia de xénero, dende os máis pequenos, aos máis maiores.

ACTIVIDADES

Aquí achegamos o calendario de actividades que se realizan dende o CIM.