MENÚ

SERVIZOS SOCIAIS

TELÉFONO: 988 48 70 21

Os servizos sociais de Atención Primaria son a «porta de entrada» dos cidadáns a todos aqueles programas e recursos orientados a alcanzar o seu benestar psicosocial. A información é un medio imprescindible para promover a igualdade de oportunidades, polo que os SERVIZOS SOCIAIS teñen como unha das súas prestacións básicas: Informar, valorar, diagnosticar e orientar á poboación o que respecta aos seus dereitos, recursos e intervencións sociais que lles poidan corresponder. Realizar actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación, intervindo para alcanzar a integración social.

01

Maiores

02

XUVENTUDE

03

INFANCIA E FAMILIA

04

INCLUSIÓN SOCIAL

EQUIPO DE TRABALLO

Actualmente, os servizos sociais están compostos por dúas traballadoras sociais, un gran equipo de auxiliares de axuda a domicilio, unha psicologa e un asesor xuridico. A traballadora social é a responsable de coordinar e xestionar os diferentes servizos existentes entre eles, un dos máis destacados é o servizo de Axuda a domicilio que dá asistencia a máis de 100 familias.

Pero tamén se ofrecen:

Información, valoración, diagnóstico e orientación á poboación no que respecta aos seus dereitos, recursos e intervencións sociais que lles poidan corresponder. Actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto de pobloación, inteviniendo para conseguir a integración social. O obxectivo final que se propoñen os servizos sociais de Concello de Carballeda de Avia é garantir unha atención integral ao conxunto de colectivos que conforman os cidadáns do municipio.