O Concello adheriuse o convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e a Fegamp en materia de prevención e defensa de incendios forestais, solicitando a Parroquia de Abelenda das Penas como prioritaria xa que presenta un nivel 2 de risco de incendios e é o punto de entrada recórrente do lume ao noso municipio.
Con este convenio a empresa pública SEAGA encargase da xestión da biomasa da faixa secundaria de 50 metros que rodea as aldeas de Abelenda, Casares e Fornelos, supoñendo un moi baixo custo para os propietarios das parcelas (350€/ha).
Se queres adherirte ao convenio podes facelo no Concello de Carballeda de Avia sempre e cando sexas propietario de parcelas na faixa secundaria de calquera dos pobos de esta parroquia.