O Concello de Carballeda de Avia localizase na comarca do Ribeiro, nesta conflúen os ríos Miño, Avia e Barbantiño definindo un paisaxe de vales rodeado polas serras de O Faro e O Suído. Estas montañas resgardan á zona da influencia oceánica e xunto coa orientación soleada das pendentes propician que o cultivo da vide sexa dominante. Temos unha terra regada por unha densa rede fluvial cun microclima cálido coa característica de ser húmido durante o período invernal.
Carballeda e os pobos que conforman o municipio son rurais e viviron e viven a día de hoxe a crise demográfica e o éxodo rural. Vemos como cada vez hai máis terras abandonadas, como diminúe ano tras a no a superficie de terras cultivadas e non hai retorno xeracional. Isto tradúcese en pobreza e aumento do risco de incendios como traxicamente se viviu en outubro de 2017.
Foi precisamente a desolación causada por estes incendios o que impulsou un cambio na xestión e na prevención de incendios, percatándonos que podían ir ligadas da man de facer un monte produtivo. Do monte e do rural pódese vivir, e axudando e impulsando proxectos de recuperación forestal e apoiando a posibles emprendedores pódese revitalizar o rural, traer riqueza e frear a crise demográfica.
Información sobre
Queimas, Plagas, Proxectos etc.
Aquí achegamos os ligazóns a páxinas de interese e información
relevante para a cidadanía en canto ao Medio Rural.