MENÚ

Baixo a xestión do Banco de Terras solicitouse a Xunta a incorporación da aldea de Muimenta o programa de Aldeas Modelo. Este proxecto consiste na limpeza da faixa de 50 metros e unha superficie adicional (no noso caso suman un total de 29ha) co fin de encontrar un produtor e volver a recuperar cultivos e actividade agraria propios da zona. Esto inclúe a elaboración do proxecto de ordenación produtiva e un plan de dinamización do núcleo rural.

Actualmente estanse realizando os trámites para converter Muimenta no primeiro espazo agrario de experimentación, que o que pretende é o uso das terras de aldea para formar a posibles emprendedores e impulsar a creación de novas iniciativas e empresas relacionadas coa agricultura ecolóxica e a gandaría. Pudendo nun futuro ao rematar a formación presentar un proxecto para solicitar a xestión da propia aldea.

DECLARACIÓN DE ALDEA MODELO

GUÍA DE ORDENACIÓN PRODUTIVA

RELACIÓN DE PARCELAS INCLUÍDAS NO PERÍMETRO

PERÍMETRO

ACTIVIDADES

MÁIS INFORMACIÓN