Luís Milia Méndez
Saúdo do Alcalde
Veciños e veciñas, teño o pracer de presentarvos este espazo virtual renovado, unha nova páxina Web máis intuitiva, moderna e sinxela de usar dende os dispositivos móbiles, unha vez máis adaptándonos aos avances das novas tecnoloxías.
A parte da información xeral sobre diferentes atractivos do Concello, o obxectivo prioritario da nosa páxina web é por a disposición dos cidadáns unha ferramenta útil e sinxela que facilite as vosas xestións coa administración local.
Ademais, neste espazo poderedes encontrar información sobre o abanico cultural e turístico que podedes desfrutar en Carballeda de Avia, unha fiestra a natureza onde realizar atractivas rutas de sendeirismo a vez que botamos un ollo a nosa historia, marabillándonos con construcións como muíños, lagares e ata unha igrexa templaria.
Ven a descubrir todo o que Carballeda ofrece, dende unha tranquila comida na área recreativa de Veronza, un espazo de en soño rodeado de muíños ata un plan de escalada deportiva en Pena Corneira, monumento natural pasando por calquera das nosas rutas e os nosos pobos.
Se queredes estar o tanto dos proxectos que se están a desenrolar no Concello teredes dispoñible na páxina web todas as novidades tanto no referente a actividades, proxectos de recuperación do monte como outras noticias de interese para os nosos veciños.
Un Cordial Saúdo