MENÚ

Queremos que as familias con nenos atopen en Carballeda de Avia un lugar privilexiado para poder vivir. Por iso estamos implicados na Conciliación da vida laboral e familiar coa posta en marcha de dous programas fundamentais.

PROGRAMA CONCILIA

Tratamos de contar con este programa ao longo de todo o curso escolar e nos períodos de vacacións, co fin de que os papas e mamas do Concello poidan conciliar a vida laboral coa familiar. Actualmente o servizo de conciliación ten o horario de 16:30 a 20:00 de luns a xoves e de 15:00 a 20:00 os venres.

PROGRAMA DE MADRUGADORES

Para aqueles proxenitores que teñen horarios laborais moi temperans, temos en marcha este programa que consiste en ofertar atención e almorzo aos meniños en horario de 8:00 de maña ata o empezo das clases escolares.

Tamén estamos á disposición de quen poida precisar:

• Titulo de Familia Numerosa
• Tarxeta Benvida
• Tarxeta ChegOU
• Programa de Axuda Alimentaria

PROGRAMAS DE PREVENCIÓN Á DEPENDENCIA

Estamos moi comprometidos co envellecemento activo e saudable, polo que se propulsa e se apoian múltiples actividades neste senso (Talleres de Memoria, Ximnasia Xerontoloxica, etc.)

PRESTACIÓNS SOCIOECONÓMICAS

Estamos sempre á disposición dos usuarios para a información, xestión e tramitación dos recursos aos que poidan ter acceso:

• Pensión non contributiva (PNC)
• Viaxes e Termalismo do Imserso
• Programa de Respiro Familiar
• Teleasistencia