Portada Enviar consulta Idioma galego Idioma castellano Enviar e-mail a info@carballedadeavia.es

InicioActualidadeNovasO concello aproba a proposta presenta...

O concello aproba a proposta presentada pola alcaldía en relación o RD 16/2012 sobre Sanidade

O concello aprobou a proposta presentada pola alcaldía en relación ó RD 16/2012 sobre Sanidade co voto a favor do grupo de gobernó e coa abstención do grupo do Partido Popular. Nel tomase o seguinte acordó:

1. Instar ao Goberno de España a que derrogue o Real decreto 16/2012 do 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións.
2. Instar á Xunta de Galicia a que poña en marcha medidas que suplan as carencias que produce o RD 16/2012 mentres non se acade a súa derrogación. Estas medidas serían:
a. Impulsar un plan inicial de reversión do copago farmacéutico, que comece por asumir por parte da administración o custo dos medicamentos para as e os xubilados con pensións menores de 800€/mes.
b. Establecer un calendario de medidas que avance progresivamente na eliminación do copago sanitario para as persoas pacientes do Servizo Galego de Saúde.
c. Implementar, nos centros de saúde e hospitalarios, o persoal e recursos necesarios para poder atender en igualdade de condicións a todas as persoas residentes en Galicia que necesiten de asistencia sanitaria, sen prexuízo da súa orixe o situación sociolaboral.


Webmail asociados
Usuario:
© carballedadeavia.es 2017 :: Rua Castelao nº 4 · 32412 · Carballeda de Avia · Ourense
WEB Deseñada e aloxada por NOVO MILENIO sistemas s.l.