Portada Enviar consulta Idioma galego Idioma castellano Enviar e-mail a info@carballedadeavia.es

InicioActualidadeNovasAPROBADA POLO PLENO MUNICIPAL A PROPO...

APROBADA POLO PLENO MUNICIPAL A PROPOSTA DE ACORDO DE ALCALDÍA EN REFERENCIA A BECAS E AXUDAS Ó ESTUDIO

O pleno municipal aprobou o pasado venres a propuesta de alcaldía en referencia a becas e axudas ó estudio cos siguientes puntos:


1.- Convocar con carácter de urxencia o Observatorio de Bolsas, creado a través do Real Decreto 1220/2010, de 1 de outubro. Este Observatorio emitirá un informe, preceptivo, antes das convocatorias anuais de Bolsas e axudas ao Estudo.
2.- Modificar a normativa reguladora das bolsas para recuperar o verdadeiro sentido das mesmas como dereito subxectivo, sen que ningún estudante que cumpra os requisitos quede sen beca por cuestións orzamentarias.
3.- Modificar os requisitos académicos actuais para a obtención dunha bolsa, restablecéndose os requisitos dispostos no Real Decreto 1721/2007, de 21 de decembro, de becas e axudas ao estudo personalizadas.
4. Establecer criterios claros, obxectivos e ponderables para a súa obtención, de tal maneira que o solicitante poida coñecer de antemán os criterios polos que se lle outorgan as becas e a contía que percibirá se lle é concedida, no caso de cumprilos.
5.- Facer a convocatoria anual de becas inmediatamente despois da publicación do Real Decreto de Bolsas, de forma que a resolución e o pago das mesmas se realicen antes do comezo do curso.
6.- Revisar os topes de Renda e Patrimonio para o dereito a unha bolsa, seguindo o recollido nos ditames á convocatoria de bolsas e axudas ao estudo aprobados e emitidos polo Consello Escolar do Estado, e adaptándoos ás circunstancias de cada momento, e non computar no límite patrimonial familiar, fixado en 1.700€, as subvencións ou prestacións económicas concedidas polas Administracións Públicas que teñan por finalidade atender a situacións de necesidades sociais puntuais, urxentes e básicas de subsistencia.
7.- Eliminar as trabas establecidas para as Bolsas Erasmus, cos novos requisitos, recuperando os anteriores e ampliar nos exercicios sucesivos os créditos orzamentarios destinados para este programa.
8.-Crear unha Bolsa de “rescate” que permita que aqueles alumnos que tivesen que abandonar os estudos polos criterios académicos introducidos na reforma de 2012 se poidan incorporar ao Sistema Universitario.
9.-Ofertar unha modalidade de Axuda Específica para aqueles alumnos que necesiten realizar a Acreditación Lingüística e que actualmente é o nivel B1.
10.- Recuperar as dotacións orzamentarias destinadas á convocatoria de Bolsas Séneca, de mobilidade nacional, que foron eliminadas no curso 2012-2013
11.- Reforzar o sistema de bolsas de máster, dada a estrutura dos estudos universitarios desde a implantación do sistema de graos; prestando especial atención as necesidades de mobilidade do alumnado das comunidades autónomas onde a oferta de máster non está desenvolvida, como é o caso galego.


Webmail asociados
Usuario:
© carballedadeavia.es 2017 :: Rua Castelao nº 4 · 32412 · Carballeda de Avia · Ourense
WEB Deseñada e aloxada por NOVO MILENIO sistemas s.l.