Portada Enviar consulta Idioma galego Idioma castellano Enviar e-mail a info@carballedadeavia.es

InicioActualidadeNovasO CATASTRO INCORPORA 560 INMOBLES EN ...

O CATASTRO INCORPORA 560 INMOBLES EN CARBALLEDA

A actualización do catastro de Carballeda de Avia supón a incorporación de 560 propiedades, entre vivenda, galpóns e outras construcións, que virán a sumar ás 1577 rexistradas ata agora. O Concello incrementará a recadación que era de 112.000 euros anuais polo IBI(Imposto de Bens Inmobles), en aproximadamente 40.000 euros segundo confirma o alcalde, Luís Milia.
O goberno municipal decidiu manter as taxas e impostos, que segundo sinalou o rexedor, non se soben desde o ano 2000. "A media que pagan os cidadáns noutros concellos rolda os 500 euros anuais e nós mantemos os 170 euros por contribuínte", matiza Luís Milia, asegurando que esta conxelación, xunto coa prestación de servizos sociais, practicamente gratuítos e dirixidos ás persoas maiores e aos escolares, son alicerces crave na xestión municipal.
Nesa liña, Luís Milia destaca o gran servizo que está a prestar o centro de día totalmente gratuíto e que inclue o transporte dos usuarios, que están atendidos por unha psicóloga e auxiliares, ademais da asistencia básica a 65 maiores, que non reciben axuda de Dependencia, e ás que o Concello lles cobra dous euros por cada hora e media.
Estes e outros servizos como ludotecas, clases de inglés ou traslado dos escolares á piscina da Cañiza, son xestionados polo Concello, que dispón para estas actividades dunha partida no seu orzamento de 300.000 euros, o que supón o 30% do montante total.
Para logralo, sen subir impostos, fóronse reducindo gastos durante o últimos oito anos, en iluminación pública, ata os 140.000 euros menos anuais que se aforran na actualidade; en persoal, ata 50.000 euros; en telefonía, sobre 20.000 euros, e en combustible, ao redor de 45.000 euros menos.
Este aforro, asegura o rexedor municipal, non sería posible sen o empeño e colaboración dos traballadores do Concello e tamén dos propios veciños que, entre outros servizos, conseguiron reducir en gran medida os residuos orgánicos, separando o lixo para a súa reciclaxe.


Webmail asociados
Usuario:
© carballedadeavia.es 2017 :: Rua Castelao nº 4 · 32412 · Carballeda de Avia · Ourense
WEB Deseñada e aloxada por NOVO MILENIO sistemas s.l.