Portada Enviar consulta Idioma galego Idioma castellano Enviar e-mail a info@carballedadeavia.es

InicioActualidadeNovasOBRADOIRO DE EMPREGO "A RIBEIRA"

OBRADOIRO DE EMPREGO "A RIBEIRA"
Clic para ampliar

LUÍS MILIA MENDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CARBALLEDA DE AVIA ,
FAGO SABER   que o Concello de Carballeda de Avia, conxuntamente cos concellos de Castrelo de Miño e Ribadavia, desenvolverán un obradoiro de emprego, denominado OBRADOIRO DE EMPREGO “ A RIBEIRA”. O citado obradoiro contará cos seguintes módulos formativos:
• XARDINERÍA
• AXUDA NO FOGAR
A data prevista para o inicio do proxecto é o 15 de setembro e terá unha duración de 6 meses.
As persoas interesadas en participar como alumnado deberán reunir os seguintes requisitos:
• TER 18 OU MÁIS ANOS DE IDADE.
• PERSOAS DESEMPREGADAS, E REXISTRADAS NO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA COMO DEMANDANTES DE EMPREGO PARA A FINALIDADE OBRADOIRO DE EMPREGO “A RIBEIRA”.
• CUMPRIR OS REQUISITOS PARA PODER FORMALIZAR UN CONTRATO PARA A FORMACIÓN E APRENDIZAXE.
Tamén se solicitará á oficina de emprego de Ribadavia oferta pública de emprego para a contratación de persoal directivo, docente e administrativo de apoio.
O que se fai público para xeral coñecemento.


Webmail asociados
Usuario:
© carballedadeavia.es 2017 :: Rua Castelao nº 4 · 32412 · Carballeda de Avia · Ourense
WEB Deseñada e aloxada por NOVO MILENIO sistemas s.l.