No Diario Oficial de Galicia numero 96 ,de data 23 de Maio de 2016, publicouse a Orde da Consellería de Política Social do 6 de Maio de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño.
O que se pon en coñecemento das persoas interesadas nestas axudas para os efectos de que tramiten as correspondentes solicitudes.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 23/6/2016
Faise público que o Concello de Carballeda de Avia poñerá a disposición do posible beneficiario destas axudas unha vivenda para desenrolar este proxecto piloto durante o período mínimo que esixe a orde de convocatoria (3anos).
Así mesmo, infórmase que o concello poñerá a disposición dos interesados a un técnico municipal para asesorar e xestionar a tramitación das solicitudes de ser o caso.
RESUME DA ORDE DE AXUDAS.
Ver PDF casas_nido1376.pdf
ORDE COMPLETA DA AXUDA.
Ver PDF anunciog04255506.pdf