
Os concellos de Ribadavia, Castrelo de Miño e Carballeda de Avia impulsan os proxectos de dous obradoiros de emprego, un deles destinado á formacion na extraccioon de resina e dirixido a 15 xóvenes de 18 a 30 anos. Os alcaldes pretenden formar a futuros traballadores para poder rendibilizar o monte, ao mesmo tempo que se mantén limpo e libre de incendios. O proxecto, presentado na Conselleriía de Economiía, Emprego e Industria, foi orzado en 156.000 euros. Os tres concellos remitiron ademais unha segunda proposta de taller, con dous módulos de xardinería e asistencia domicilio (para cuxo servizo necesitan persoal), e para 25 alumnos, cunha inversión de 235.000 euros.